30/11/08

"Coñece a biblioteca"

O vindeiro Mércores ás 20'30 temos previsto levar a cabo o primeiro encontro da actividade "Coñece a biblioteca". O seu obxectivo é coñecer e aproveitar do mellor xeito posible os recursos que ofrece a nosa biblioteca. Esta actividade, aberta a toda a comunidade educativa, levarase a cabo regularmente ao longo de todo o curso.

Agardámosvos!

27/11/08

Quinteto "A troita"

Onte, na biblioteca, tivemos a ocasión de disfrutar unha estupenda proxeción... O quinteto con piano D.667 "A troita" de Franz Schubert nunha estupenda e célebre interpretación, a que levaron a cabo no ano 1969 Itzhak Perlman, Pinchas Zukerman, Jacqueline Du Pré, Zubin Mehta e Daniel Barenboim... xa lle chega!
A interpretación está recollida nu DVD do selo Opus Arte que se atopa xa nos andeis da nosa biblioteca para que o poidades levar á vosa casa emprestado. En calquera caso, aquí tedes o tema con variacións do cuarto movemento...

Disfrutádeo!


25/11/08

A web de Radio Clásica

Hai uns poucos días que se presentaba na Fundación Juan March, en Madrid, a nova web de Radio Clásica. Está chea de contido moi interesante... a obrigada programación, a radio en directo ademáis de todos os programas xa emitidos para volver escoitalos e mesmo descargalos, podcast, imaxes... O certo é que merece a pena ir visitala. Este é o ligazón á nova da presentación da web, e este outro á web mesma.

Un saúdo!

Investimento nas bibliotecas escolares de Galicia

Boas novas para as nosas bibliotecas escolares! Onte a ministra Mercedes Cabrera e a nosa conselleira Laura Sánchez Piñón asinaron un acordo para incrementar en 600.000 euros máis a axuda ás bibliotecas escolares da nosa comunidade. Deste xeito, a partida para o 2009 estará nos 2,3 millóns de euros... sen dúbida unha boa nova. Aquí vos vai o ligazón á noticia.

Ata outra!

20/11/08

Europeana

A partires de hoxe 20 de Novembro, na Internet seremos quen de atopar Europeana. Trátase dunha biblioteca, dun arquivo e dun museo. Contén dous millóns de obxectos dixitais incluíndo fotos, pinturas, libros, manuscritos, partituras... procedentes de bibliotecas, arquivos ou museos de toda Europa.
Aquí vos vai o ligazón á súa páxina, e se queredes ler algo máis sobre esta nova calcade aquí.

Un saúdo!

II Certame Galego de Bandas de Música

O vindeiro fin de semana terá lugar no Auditorio de Galicia o II Certame Galego de Bandas de Música, reuníndose entre o Venres e o Domingo dezaseis bandas da nosa comunidade. O evento o organiza a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Ademáis, na clausura do certame anunciaranse os nomes dos gañadores do I Concurso Galego de Composición. Aquí tedes algúns ligazóns: ao programa e ao libro do certame e á páxina da federación.

Xa sabedes, se durante eses días vos atopades por Santiago, achegádevos polo auditorio...

Saúdos!

18/11/08

"Música para principiantes"

Aquí tedes un dos últimos materiais que engadimos ao noso fondo. Trátase da serie "Música para principiantes" que publica a editorial húngara Editio Musica Budapest. Hai volumes adicados a diversos instrumentos así como a algunhas pequenas formacións. Cada un dos libros recolle pezas fáciles de moitos compositores, moi interesante para os que comezan a estudar... e tamén para os que ensinan! Polo de agora xa temos dous, o adicado ao clarinete e á trompeta, pero agardamos ir enchendo o catálogo de máis títulos.

Ata outra!

7/11/08

A biblioteca recomenda... "Breve Historia da Música Galega"

Ó longo das súas sesenta e dúas páxinas, a autora, Mª Pilar Alén, lévanos dun xeito moi ameno pola historia da música en Galicia, da antiguedade á época contemporánea. O libro o podedes atopar na sección textos da biblioteca, e aquí tedes o ligazón á OPAC para veres a descrición do rexistro.

Que o disfrutedes... un saúdo!

Festival de Jazz de Lugo 2008

O próximo día 10 comeza na nosa cidade o XVIII Festival de Jazz, organizado por EscobiJazz. Ata o día 15 celebraranse diversos e moi interesantes concertos no Auditorio Caixa Galicia, no Círculo das Artes e no Club Clavicémbalo. O programa o podedes descargar calcando neste ligazón.
Aproveitade a ocasión de poderes escoitar Jazz en vivo.

Un saúdo!